Condicións de venda
1. Introdución
Dámoslle a benvida ao noso sitio web de venda online: www.ferreteriaveiga.com. O presente documento contén as condicións que regulan o uso deste sitio web e o contrato que nos vincula a vostede e a nós. Estas condicións aplícanse, por unha parte a ferreteriaveiga.com (unha tenda virtual de Ferretería Veiga, S.L., sita na rúa Ourense, nº78, baixo, Lugo, España) e por outro lado á(s) persoa(s) que desexe(n) adquirir calquer produto ou servicio no sitio web.
Ferretería Veiga resérvase o dereito de revisar e modificar as presentes condicións en calquer momento, polo que debe lelas antes de efectuar cada pedido.
2. Servizo ao cliente
Se ten algunha dúbida ou pregunta, ou quere recibir máis información sobre os nosos servizos ou productos, ten á súa disposición:
Teléfono: 982 215 647
E-mail: info@ferreteriaveiga.com
3. O pedido
Todos os pedidos presupoñen a aceptación dos prezos e a descrición dos produtos. Os pedidos de produtos están suxeitos á dispoñibilidade dos mesmos e, neste sentido, se non quedan artículos no stock ou o artículo xa non está dispoñible, será informado tan pronto como sexa posíbel e facilitarémoslle a posibilidade de cambiar o pedido ou cancelalo.
Para realizar un pedido, deberá seguir o procedimento de compra online. Unha vez realizado o pagamento, recibirá un correo electrónico acusando recibo do seu pedido (“Confirmación de Pedido”). Se non o recibe, mire o seu cartafol de Spam.
Ferretería Veiga resérvase o dereito de anular calquer pedido se observa algunha anomalía na solicitude ou se os datos do cliente non están correctamente cumprimentados.
4. Prezo e pagamento
Os prezos indicados no sitio web son en Euros e inclúen IVE, pero exclúen os gastos de envío que se engadirán ao importe total debido, dependendo do artículo e do lugar de entrega.
Os gastos de envío calcúlanse automáticamente na tenda virtual. Para calquer consulta que desexe realizar sobre este tema, pode contactar con nós enviando un e-mail a info@ferreteriaveiga.com.
Os prezos poden variar en calquer momento, pero os posibeis cambios non afectarán aos pedidos con respecto aos que xa lles enviaramos unha Confirmación de Pedido.
Os produtos permanecerán na propriedade de Ferretería Veiga S.L. até que o pagamento sexa efectuado.
Todos os pedidos deberán pagarse exclusivamente en euros e mediante cartón de crédito, transferencia bancaria ou contra reembolso ao recibir a mercancía. Está garantizada a máxima seguridade en todos os pagamentos.